Xornadas online AVANCE DAS AXUDAS DE GAIN E IGAPE 2023

A Xunta de Galicia, a través do Instituto Galego de Promoción Económica e a Axencia Galega de Innovación, xunto coa Confederación Empresarial de Ourense comprácense en convidala/o á xornada informativa sobre as futuras axudas de Gain e Igape, que terán lugar o xoves 27 e o venres 28 ás 13:00 horas en formato online.

A iniciativa Conecta Ourense organiza estas sesións online que contará:

  • O xoves 27 de outubro ás 13:00 horas coa intervención da Directora da Área de Servizo de Gain, Patricia Fernández, para informar das próximas convocatorias e consellos para a súa presentación.
  • O venres 28 de outubro ás 13:00 horas coa intervención do Técnico Responsable Oficina Sur de Igape, Miguel Fidalgo, para informar das próximas convocatorias de Dixitalización, Internacionalización e Inversión Empresarial e consellos para a súa presentación. Durante a sesión realizarase a presentación da aplicación gratuíta SERVIAUTÓNOMO para dixitalizar a actividade económica de autónomos e pemes.

INSCRICIÓN