Xornada técnica das axudas á dixitalización do Igape [Online, 29 de xuño ás 12:00 horas]

A dixitalización está ao teu alcance.

A Xunta de Galicia e a Confederación Empresarial de Ourense comprácense en convidarte o vindeiro xoves 29 de xuño ás 12:00 horas a unha xornada técnica online: AXUDAS Á DIXITALIZACIÓN no marco da iniciativa Conecta Ourense.

O Director da Área de Competitividade do IGAPE, Norberto Penedo, detallará aspectos técnicos e cuestións fundamentais para a tramitación destas axudas á dixitalización co fin de mellorar a competitividade da túa empresa.

🗓 Xoves 29 de xuño
⌚ 12:00 horas
📍 Formato online
✍ Inscricións en: https://lnkd.in/ddKrt-9N

Más información en : 📧[email protected]    ☎988 391 110