[Xornada online e presencial, 13 de xuño ás 10:00]: «Ciberseguridade en Galicia: perspectiva e visión de futuro» organizada polo Nodo CIBER.gal no marco do III Encontro Galego de Ciberseguridade

Comprácenos informarlle que está aberto o prazo de inscrición para a xornada “Ciberseguridade en Galicia: perspectiva e visión de futuro” organizada polo Nodo CIBER.gal no marco do III Encontro Galego de Ciberseguridade.

Esta xornada celébrase de xeito presencial o vindeiro 13 de xuño en Ourense, nas instalacións da Escola Superior de Enxeñería Informática (ESEI). Para aqueles interesados que non poidan desprazarse ata o lugar de celebración, tamén será retransmitida en liña.

Os obxectivos da mesma son dar a coñecer as iniciativas públicas galegas que apostan pola potenciación e mellora da ciberseguridade na nosa comunidade, e achegar aos asistentes o forte atractivo deste sector para fomentar a creación de talento especializado e trasladarlle as oportunidades reais que supón especializarse neste eido.

programa completo pode consultarse aquí, e os interesados poden facer a inscrición para a modalidade presencial ou en liña nesta ligazón.