Xornada online: Como gaño eficiencia e axilidade na empresa? Nova convocatoria de axudas á Dixitalización Industria 4.0 [Zoom, luns 12 de xuño ás 13:00 horas]

O uso das tecnoloxías dixitais permite mellorar a eficiencia, a produtividade e a flexibilidade dos procesos produtivos.

Precisamente para apoiar ás empresas na integración de solucións dixitais, o Igape lanza unha nova convocatoria das axudas á Dixitalización Industria 4.0; o obxectivo é lograr a transformación da industria tradicional cara a modelos de negocio baseados na innovación e na tecnoloxía.

Para coñecer en que consisten estas axudas, o LUNS, 12 de xuño, ás 13 horas, celebramos un evento virtual no que poderás facer as túas preguntas en directo a través do chat.

Ademais coñecerás o resultado que logrou unha empresa galega grazas a estas axudas á Dixitalización Industria 4.0.

PROGRAMA

13:00 horas – Benvida. Representante do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

13:05 horas – Nova convocatoria das axudas á Dixitalización Industria 4.0. Prazos e aspectos a ter en conta.

Eladio Otero, Subdirector de Desenvolvemento de Negocio do Igape

13:15 horas – Caso de éxito. Empresa beneficiaria das axudas á Dixitalización 4.0

Adrián Rial, coordinador do ámbito de Operacións do Igape Responde

Experiencia empresa

13:25 horas. – Preguntas

 

Podes formalizar a túa inscrición pinchando AQUÍ