APE Galicia en colaboración coa Confederación Empresarial de Ourense e a Asociación Empresarial de Profesionais e Autónomos de Ourense organizan unha xornada inspiradora para potenciar os negocios no rural, que se celebra en modalidade presencial mañá martes 10 de maio ás 12:00 horas na Confederación Empresarial de Ourense.
Estaremos acompañados por Patricia Villajos Grande, Xerente do IGAPE (Instituto Galego de Promoción Económica) que informará das diferentes liñas de apoios que ofrece a Xunta de Galicia.
Da man de Eduardo García Erquiaga, cunha ampla experiencia conducindo sesións formativas non ámbito profesional a nivel tanto nacional como internacional, abordaremos diferentes temas relativos ao emprendemento e consolidación dos negocios nas contornas rurais.
Co obxectivo de INSPIRAR ás persoas traballadoras autónomas das zonas rurais para mellorar no seu desenvolvemento profesional e avanzar nos seus proxectos.
ANIMAR a emprender, consolidar ou repensar o negocio no rural.
DESTACAR as fortalezas que sempre tivo e ten a empresa na zona rural.
DETECTAR AS OPORTUNIDADES que se abren polos cambios nos valores dos clientes, e polos cambios tecnolóxicos.
Programa da xornada
Inscricións