A Xunta de Galicia a través do Instituto Galego de Promoción Económica e a Confederación Empresarial de Ourense comprácense en convidalo/a á xornada informativa sobre axudas Galicia Exporta Empresas, que terá lugar o vindeiro venres 3 de novembro ás 12:00 horas en formato HÍBRIDO (presencial ou videconferencia) na sede da Confederación Empresarial de Ourense.
A iniciativa Conecta Ourense organiza esta sesión híbrida que contará coa intervención da Técnica Responsable de Promoción Internacional do IGAPE, Ruth Pereira, para expoñer as cuestións máis salientables e resolver dúbidas de forma presencial sobre as axudas para a execución de accións de promoción exterior por parte das empresas galegas no 2023. Durante a sesión tamén fará un repaso das principais novidades de Galicia Exporta Organismos Intermedios.
O prazo de presentación das solicitudes de axuda remata o 23 de novembro ás 14:00 horas.
Para asistir a esta xornada é necesario cumprimentar o formulario que atopará na seguinte ligazón: https://forms.gle/t4g7epeB7BjscMKU7
Título: xornada informativa galicia exporta empresas 2023
Modalidade: HÍBRIDA – presencial (con opción a asesoramento) ou videconferencia
Data: venres 3 de novembro
Hora: 12:00
Formulario de inscrición: https://forms.gle/t4g7epeB7BjscMKU7