A Xunta de Galicia e a Confederación Empresarial de Ourense comprácense en convidalo á xornada informativa para presentar as novas axudas públicas Innova Peme e Deseña Peme da Axencia Galega de Innovación dirixidas ás empresas, que terá lugar o vindeiro luns 2 de maio ás 12:30 horas no salón de actos da Casa da Cultura de Verín en formato híbrido (presencial e online).
Este encontro contará coas intervencións de Gerardo Seoane, Alcalde do Concello de Verín, Patricia Argerey, Directora da Axencia Galega de Innovación (GAIN), María Sol Novoa, Presidenta da CEO, a Directora da área de servizos de GAIN, Patricia Fernández, e a Técnica da área de servizos de GAIN, Patricia López. En arquivo adxunto acompañamos o programa da xornada.
Durante a xornada os asistentes terán ocasión de trasladar as cuestións que consideren de interese e recibir asesoramento individual na sesión posterior de networking sobre innovación e a súa implantación na empresa.
Para asistir en calquera das dúas modalidades, é necesario cumprimentar o formulario que atopará na seguinte ligazón