A Xunta de Galicia a través do Instituto Galego de Promoción Económica e a Confederación Empresarial de Ourense comprácense en convidalo/a á xornada informativa sobre axudas encamiñadas á Economía Circular e á Dixitalización Industria 4.0, que terá lugar o vindeiro mércores 3 de agosto ás 12:00 horas en formato online.
A iniciativa Conecta Ourense organiza esta sesión online que contará coa intervención do Director da Área de Competitividade do IGAPE, Norberto Penedo, para expoñer as cuestións máis salientables e resolver dúbidas sobre as axudas á implantación de solucións avanzadas para o desenvolvemento da economía circular, publicadas no día de hoxe, e os obradoiros e axudas á dixitalización Industria 4.0 que se publicarán mañá. Con todo, realizará un avance das próximas convocatorias previstas para a segunda quincena de agosto.