Xornada informativa do Programa GALICIA INVISTE

A Xunta de Galicia a través do Instituto Galego de Promoción Económica e a Confederación Empresarial de Ourense comprácense en convidalo/a á xornada informativa sobre o Programa de Axudas para PEMES e Autónomo GALICIA INVISTE, que terá lugar o vindeiro martes 17 de outubro ás 09:30 horas en formato HÍBRIDO (presencial ou videconferencia) na sede da Confederación Empresarial de Ourense.

A iniciativa Conecta Ourense organiza esta sesión online que contará coa intervención da Subdirectora de Investimentos e Startups do IGAPE, Fany Suárez Mansilla, para expoñer as cuestións máis salientables e resolver dúbidas de forma presencial sobre as axudas aos proxectos de investimento empresarial e investimentos en equipamento produtivo que rematan o 31 de outubro ás 14:00 horas. 

Para asistir a esta xornada é necesario cumprimentar o formulario que atopará na seguinte ligazón

Máis información chamando ao 988 391 110 ou a través do email [email protected]