Xornada informativa das axudas á innovación nas pemes

A Axencia Galega de Innovación (GAIN) en colaboración coa Confederación Empresarial de Ourense (CE0), celebran o próximo 31 de xaneiro ás 10:30 horas no Parque Tecnolóxico de Galicia en San Cibrao das Viñas unha xornada informativa para presentar as novas convocatorias de Innovación para pemes.

O obxectivo desta xornada é presentar as novas convocatorias de Bonos de Innovación, Bonos Sinerxías para programas europeos, DeseñaPeme e InnovaPeme e dar a coñecer as novidades nos requisitos e características das mesmas, resolver as dúbidas e propiciar un espazo de networking para o contacto entre entidades.

Título: Xornada informativa das axudas á innovación nas pemes

Data: Mércores 31 de xaneiro de 2024  

Hora: 10:30

Lugar: Parque Tecnolóxico de Galicia

Formulario de inscrición:

 

Tamén contaremos nesta xornada, con casos de éxito, contados por beneficiarios desta tipoloxía de axudas a través das súas experiencias.

Asemade as pemes sen experiencia en innovación, que desexen asesoramento poderán participar nun taller en materia de innovación, solicitándoo no formulario de inscrición.

Para asistir a esta xornada é necesario cumprimentar o formulario que atopará na seguinte ligazón:

Máis información chamando ao 988 391 110 ou a través do email [email protected]