Xornada informativa: BONOS DE INNOVACIÓN

A Xunta de Galicia a través da Axencia Galega de Innovación e a Confederación Empresarial de Ourense comprácense en convidala/o á xornada informativa: BONOS DE INNOVACIÓN, que terá lugar o vindeiro mércores 22 de xuño ás 09:30 horas no salón de actos da CEO en formato híbrido (presencial e online).

INSCRICIÓN

Para asistir en calquera das dúas modalidades, é necesario formalizar a súa inscrición.

Os bonos de innovación son axudas ás microempresas e pemes para servizos de apoio á innovación e para a xestión do financiamento da innovación. Durante a sesión coñeceremos exemplos de custes subvencionables e tódolos detalles destes bonos, cunha intensidade de axuda do 70% e data fin de presentación o 11 de xullo. Achegamos en documentos adxuntos o programa da xornada e un breve resumo dos bonos de innovación.

PROGRAMA