Precisas financiamento ou axudas para…
Acometer un investimento empresarial ou adquirir maquinaria e bens de equipamento?
Impulsar a transformación dixital da túa empresa?
Desenvolver un proxecto tecnolóxico baseado na Intelixencia Artificial?
Dar forma a unha idea ou proxecto innovador?
Deseñar un plan de innovación en procesos, organización ou un novo produto ou servizo?
O martes 11 de febreiro, ás 11:30 h na sede da CEO, celebramos unha xornada informativa e de asesoramento técnico para resolver todas as túas dúbidas sobre as axudas a fondo perdido e préstamos do IGAPE.
Que atoparás nesta sesión?
Información práctica sobre as liñas de axuda do IGAPE para 2025.
Un obradoiro de asesoramento para identificar retos e explorar solucións innovadoras.
Asesoramento individualizado sobre proxectos concretos e encaixe nas convocatorias.
Posibilidade de revisar ou realizar consultas sobre unha solicitude concreta a unha axuda.
Un espazo de networking para compartir experiencias e conectar con outros profesionais.
Data: 11 de febreiro de 2025
Hora: 11:30 h
Lugar: Confederación Empresarial de Ourense
Inscríbete xa!
https://forms.gle/UayZ5nZnxDTt8BFFA
Información sobre as axudas e prazos de presentación: https://www.ceo.es/informacion-sobre-axudas-igape-e-xornadas-informativas-2025/
Desde Conecta Ourense, iniciativa da Confederación Empresarial de Ourense en colaboración co Igape – Instituto Galego de Promoción Económica, animámoste a aproveitar esta oportunidade para preparar a túa solicitude e optimizar as opcións de acceso ás axudas
11:30 h | Benvida
- Marisol Nóvoa Rodríguez – Presidenta, Confederación Empresarial de Ourense
11:35 h | liñas de axudas do IGAPE para 2025 e Servizos Oficina Económica de Galicia
Información sobre axudas en marcha e Presentación dos servizos de apoio ás empresas proporcionados pola Oficina Económica de Galicia
- Jose Manuel Fernández – Subdirector de Asesoramento Empresarial e Apoio, Oficina Económica de Galicia (Igape)
13:00 h I Asesoramento 360º ao teu proxecto empresarial
- Obradoiro de asesoramento conxunto: Identificación de retos e exploración de solucións competitivas e/ou innovadoras que poidan optar a axudas públicas.
- Asesoramento Individual: Orientación sobre proxectos concretos e cuestións relativas á súa presentación e encaixe na liña de axuda correspondente.
- Jose Manuel Fernández – Oficina Económica de Galicia (Igape)
- Nachy López Queipo – Igape Responde
- Equipo técnico de Conecta Ourense
14:00 h | Viño-networking
Nota: No formulario de inscrición, as empresas poderán solicitar asesoramento individual para resolver dúbidas concretas sobre os seus proxectos. Estas sesións levaranse a cabo de forma simultánea ao Obradoiro de asesoramento para pemes.
Reserva a túa praza! Inscricións na seguinte ligazón: https://forms.gle/UayZ5nZnxDTt8BFFA
Máis información:
conectaourense@ceo.es
988 391 110