Xornada Formativa: Beneficiarios Axudas GAIN

A Axencia Galega de Innovación quere compartir cos beneficiarios das súas axudas información as mellores prácticas que permitan sacar o máximo partido a ese investimento en I+D e innovación.

Con esta finalidade, GAIN convida aos beneficiarios das súas axudas á xornada formativa do vindeiro 18 de outubro de 2023, ás 9:30h, no salón de actos da Axencia Galega de Innovación, onde poderán compartir inquedanzas e coñecer novidades xunto co resto de beneficiarios/as das convocatorias de axudas da Axencia Galega de Innovación.

XORNADA DE BENEFICIARIOS DOS PROGRAMAS DE AXUDASDA AXENCIA GALEGA DE INNOVACIÓN

Data: 18 de outubro de 2023
Lugar: Salón de Actos da Axencia Galega de Innovación (Airas Nunes, s/n – Conxo 15702 – Santiago de Compostela)
Hora: 9:30h-11:00h

PROGRAMA

09:30 h – 09:40 h Benvida

Patricia Argerey, Directora da Axencia Galega de Innovación

09:40h – 10:30 h A innovación máis aló do financiamento público

Patricia Fernández, Directora da Área de Servizos da Axencia Galega de Innovación, falará da innovación real que executan as entidades, as oportunidades máis aló do financiamento baixo o
amparo dos marcos regulamentarios, e como poñer en valor todo o seu potencial.

10:30h- 11:00h Rolda de preguntas

Os beneficiario/a dos programas de axudas da Axencia Galega de Innovación recordámoslle que a asistencia é obrigatoria tal e como especifican as bases da convocatoria. Pola temática da xornada recomendámoslle a participación do responsable da xestión da innovación na súa organización, por exemplo: o responsable financeiro ou o responsable de proxectos de innovación.

Para asistir a esta xornada, deberá rexistrarse antes do 17 de outubro, a través da seguinte dirección web:

http://xornadas.galiciainnovacion.es/XornadaProgramasAxudasGain/

Debido ao alto número de asistentes, pregámoslles que acudan con tempo para poder aparcar e facer o rexistro na xornada. Por se fose de interés, a continuación poden consultar os aparcadoiros máis próximos á sede de GAIN.