Xornada de presentación das convocatorias de Horizonte Europa

23Xornada de presentación das convocatorias de Horizonte Europa en materia de Dixitalización de productos, procesos e servizos

O vindeiro 12 de decembro GAIN organiza unha nova xornada sobre as oportunidades de financiamento publicadas polo programa Horizonte Europa en materia de Innovación Dixital en calquera ámbito. Polo tanto, trátase de convocatorias de interese para calqueira sector e tipo de entidade. Poden consultar as convocatorias previstas para 2024 no seguinte enlace:

Cluster 4: Work Programme 2023 – 2024

A xornada terá lugar na sede da Axencia Galega de Innovación (Rúa Airas Nunes s/n) e contará coa participación de Enrique Pelayo, Punto Nacional de Contacto para estas convocatorias en España, quen nos presentará en detalle as convocatorias con prazo de presentación en 2024 e manterá reunións bilaterais coas entidades interesados en realizar consultas particulares, como de costume.
A asistencia poderá ser virtual ou presencial nas instalacións da Axencia Galega de Innovación, aínda que as reunións bilaterais so poderán realizarse presencialmente. A axenda e o boletín de inscripción atópase na seguinte ligazón: