A XIII edición da Semana Internacional Contract Galicia deste ano xa está chamando á porta. Nesta ocasión a cita é no Boutique Hotel Noa, en Santa Cruz, Oleiros, edificio que representa un bo exemplo da colaboración industrial e de servizos de empresas e profesionais galegos vinculados á Canle Contract.
Como ven sendo tradicional, a xornada central do día 4 de outubro 2023 actualizaranos sobre as tendencias e oportunidades de negocio mundiais da man de acreditados prescritores internacionais.
Xa se atopa aberto o prazo de inscrición para esta Xornada inaugural da XIII Edición da Semana Internacional Contract Galicia, organizada pola Xunta de Galicia, a través do IGAPE.
Una vez formalizada a inscrición, as empresas galegas poderán solicitar reunións individuais cos prescritores internacionais invitados nesta edición ao obxecto de afondar en aspectos de interese comúns. Ditas reunións poderán ter lugar tanto o propio día 4 de outubro como o día 5.
Galicia, referente mundial no sector contract
Con máis de 9000 proxectos en máis de 800 cidades en todo o mundo, Galicia sitúase como referente mundial do sector contract. Un centenar de empresas galegas forman parte desta industria na que a innovación nos procesos, a incorporación de materiais sostibles e a cooperación son eixos crave do seu éxito.