Xornada presencial “Oportunidades para as empresas galegas nos Emiratos Árabes Unidos”, que terá lugar o vindeiro 8 de outubro en Santiago de Compostela.
Os Emiratos Árabes Unidos constitúen un mercado estratéxico para as empresas galegas e unha plataforma de acceso a outros mercados de Oriente Medio. Nesta sesión, a Antena IGAPE nos EAU ofrecerá unha visión actualizada das oportunidades que presenta actualmente este mercado, así como das claves prácticas para operar nun contexto marcado polas tensións xeopolíticas, os cambios nas rutas loxísticas e a necesidade de reforzar a seguridade das operacións.
Ademais do contido da xornada, esta convocatoria ofrece a posibilidade de manter unha reunión individual co responsable da Antena IGAPE nos Emiratos Árabes Unidos, que se desprazará a Galicia con motivo desta acción.
Estas reunións permitirán ás empresas:
- Presentar directamente a súa empresa, produtos ou servizos.
- Analizar de forma personalizada as súas posibilidades de acceso ao mercado dos EAU.
- Identificar oportunidades concretas de negocio e posibles vías de entrada.
- Resolver dúbidas sobre o contorno empresarial e as condicións actuais do mercado.
As prazas para estas reunións son limitadas, polo que é necesario solicitalas durante o proceso de inscrición.
Datos da xornada:
Santiago de Compostela – Edificio Fontán, Cidade da Cultura
8 de outubro de 2026
9:30 – 14:30 h
Pode consultar o programa e realizar a súa inscrición no seguinte enlace: Xornada país- Emiratos Árabes Unidos


