Webinar para consultas e resolución de dúbidas de InnovaPeme e DeseñaPeme

Estás preparando a túa candidatura para presentarte á convocatoria de InnovaPeme ou DeseñaPeme da Axencia Galega de Innovación? Tes algunha dúbida? Acompáñanos o próximo martes 5 de marzo ás 12 horas no Webinar para consultas frecuentes e resolución de dúbidas destas convocatorias.

Título: Webinar para consultas e resolución de dúbidas de InnovaPeme e DeseñaPeme
Data: 05/03/2024
Hora: 12.00 h.
Formato: Online

Lembra que o prazo de presentación de solicitudes destas axudas remata o 13 de marzo de 2024.

A Confederación Empresarial de Ourense, a través das Oficinas Conecta Ourense, está a túa disposición para asesorar e acompañar na tramitación destas axudas.

📧 [email protected]

☎ 988 391 110

A innovación está ao teu alcance!