Tecnópole elabora unha Guía de boas prácticas ambientais

Coincidindo coa celebración do Día Mundial do Medio Ambiente, o Parque Tecnolóxico de Galicia – Tecnópole vén de publicar unha “Guía de Boas Prácticas Ambientais” dirixida ás súas empresas. Esta iniciativa enmárcase dentro da preocupación do Parque por mellorar a sostibilidade e reducir a pegada de carbono, para o que creou a marca “Tecnópole en Verde”, xunto á súa recente adhesión ao Pacto Mundial da ONU.

Destacamos:

·         A importancia de medidas como controlar o lixo dixital

·         Apostar por Fontes de enerxía renovables

·         Establecer Medidas de aforro enerxético

·         Medidas de reciclaxe do vidro, plástico e papel

Quero ver a Guía de Boas Prácticas Ambientais