Tecnoloxías Transformadoras para Innovar nos próximos anos

A Confederación Empresarial de Ourense e a Xunta de Galicia, a través do Instituto Galego de Promoción Económica e a Axencia Galega de Innovación, convidámoste á sesión en liña TECNOLOXÍAS TRANSFORMADORAS PARA INNOVAR NOS PRÓXIMOS ANOS que se celebrará o vindeiro mércores 20 de setembro en horario de 17:00 a 19:00 horas no marco da iniciativa Conecta Ourense.

O obxectivo do taller é proporcionar aos asistentes unha comprensión profunda e aplicada de como as tecnoloxías transformadoras son un motor de innovación para os modelos operativos das pemes, cun enfoque especial na Internet das Cousas (IoT), Realidade Aumentada (RA), Sensores, Robótica e Intelixencia Artificial (IA). A través de exemplos prácticos que desmitifican a complexidade, análise de estudos de caso que revelan as súas aplicacións reais e diálogos interactivos que fomentan o pensamento crítico, os participantes descubrirán as tecnoloxías que poden transformar de xeito disruptivo o negocio e como se poden integrar de forma rápida nos seus procesos para crear solucións innovadoras e sostibles nun mercado altamente dinámico e competitivo no que a innovación é un factor determinante para o éxito e a supervivencia das empresas.

TECNOLOXÍAS TRANSFORMADORAS PARA INNOVAR NOS PRÓXIMOS ANOS
📌 Mércores 20 de setembro
⏱️ 17:00 horas
💻 EN LIÑA
PROGRAMA

Visita a web de GAIN e consulta a colección de Cadernos de Innovación coas ferramentas e técnicas de innovación na ligazón http://gain.xunta.gal/artigos/472/cuadernos+innovacion  

Atoparás un caderno dedicado ás tecnoloxías para innovar en http://gain.xunta.gal/repo/7-caderno_15_tecnoloxias_ritmo_innovacion.pdf