Taller práctico sobre xustificación de axudas do Igape

Tes unha axuda concedida… e agora que?”

Baixo esta premisa, Conecta Ourense organiza o vindeiro 10 de xuño unha xornada práctica orientada a axudar ás empresas a afrontar correctamente unha das fases máis importantes —e tamén máis sensibles— da tramitación dunha subvención: a xustificación.

O Taller práctico de xustificación de axudas do Igape celebrarase ás 10:30 horas na Asociación de Empresarios do Polígono San Cibrao das Viñas e contará coa participación de dúas responsables técnicas do Igape:

  • Laura Almeida Freire, Subdirectora de Liquidacións.
  • Placeres Conde Suárez, Subdirectora de Internacionalización.

A sesión prestará especial atención á liña Galicia Exporta Empresas (IG622A), unha das convocatorias máis relevantes para a internacionalización das pemes galegas e tamén unha das que presenta maior complexidade técnica e documental na fase de xustificación.

Durante a xornada abordaranse cuestións prácticas clave para evitar incidencias, requirimentos ou retrasos no cobramento das axudas, analizando aspectos como:

  • Erros máis habituais nos procesos de xustificación.
  • Gastos subvencionables e aspectos críticos.
  • Documentación e comprobacións requiridas polo Igape.
  • Pagamentos, provedores e trazabilidade documental.
  • Boas prácticas e checklist antes de presentar a solicitude de cobramento.
  • Caso práctico aplicado á liña IG622A – Galicia Exporta Empresas 2026.

Desde Conecta Ourense lembran que a concesión dunha axuda non garante automaticamente o seu cobramento e destacan a importancia de planificar correctamente a fase de xustificación desde o inicio do proxecto.

⚠ Máis do 90% dos expedientes requiren emendas na fase de xustificación

A actividade está especialmente dirixida ás empresas con expedientes en fase de execución ou xustificación, así como a aquelas que teñen solicitudes en curso ou participan habitualmente en programas do Igape.

📅 Data: 10 de xuño de 2026
🕥 Hora: 10:30 h
📍 Lugar: Asociación de Empresarios do Polígono San Cibrao das Viñas

🔗 Inscrición: https://forms.gle/RmvNjBJnjJn47Dqf6