Taller «Descobre como innovar na túa empresa» [Presencial na sede da CEO, martes 20 de xuño ás 09:30 horas]

Queres impulsar a innovación na túa empresa? Convidámosche a asistir a este taller que permitirá aos participantes aprender un proceso creativo para xerar ideas, probalas no mercado e coñecer a priori as cousas que funcionaran e non na túa empresa

A Confederación Empresarial de Ourense e a Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega de Innovación (GAIN), convidámosche ao taller “DESCOBRE COMO INNOVAR NA TÚA EMPRESA” que se celebrará o vindeiro martes 20 de xuño en horario de 9:30 a 19:00 horas na sede da CEO e no marco da iniciativa Conecta Ourense.

Neste taller de 8 horas de sesión activa e dúas pausas networking aprenderás como aplicar a metodoloxía de Design Thinking na túa empresa e como fomentar a innovación no teu equipo, contarás cunha explicación detallada do método e un proceso práctico que permitirá replicalo e adaptalo aos intereses da túa empresa. As prazas están limitadas a 20 participantes.


Agardamos que esta información sexa do teu interese e nos acompañes o vindeiro martes 20 de xuño para dar un paso máis innovador na túa empresa.

MÁIS INFORMACIÓN

  

Descarga o programa completo AQUÍ