O vindeiro martes 10 de maio ás 9:00 horas celébrase a terceira sesión de traballo do Obradoiro para o Impulso de Proxectos Tractores de Competitividade no Sector Vitivinícola: Dixitalización e Industria 4.0 que conta co apoio do IGAPE.
Nesta terceira sesión falaremos dunha solución de telemetría para as bodegas: DataWine, que permite coñecer 24 horas ao día o estado do viño en cada depósito, e ser máis eficientes nos procesos de elaboración. Durante a sesión tamén achegaremos información sobre os mecanismos de financiación para abordar actuacións deste tipo.
Para facilitar a participación das adegas no obradoiro o formato é mixto, coa posibilidade de conectarse de forma online en directo, a través da plataforma de videoconferencia Zoom ou presencial na sala de reunións da Confederación Empresarial de Ourense.
Se eres unha bodega e queres formar parte do Obradoiro para o Impulso de Proxectos Tractores de Competitividade no Sector Vitivinícola: Dixitalización e Industria 4.0 envía un correo electrónico a [email protected] ou contacta coa CEO no teléfono 988 391 1110.