QUERES GAÑAR PRODUCTIVIDADE E RECUDIR CUSTOS?CON «DESEÑA-INNOVA PEME» ISTO É POSIBLE

Queremos falarvos da nova convocatoria da Axencia Galega de Innovación (GAIN), DESEÑA PEME E INNOVA PEME 2023 para mellorar a capacidade innovadora das pemes, gañar produtividade e reducir custos.

  • DESTINATARIOS: microempresas, pequenas e medianas empresas galegas con actividade económica e que conten cun centro social ou domicilio en Galicia.
  • Prazo de presentación das solicitudes remata o 14/08/2023
  • INCENTIVO DO 50% DOS CUSTES (AXUDAS DE ENTRE 25.000€ ATA 75.000€) nas seguintes modalidades:
    • LIÑA 1 – DESEÑA PEME: Plans de deseño para a innovación e a sustentabilidade
      • Produtos, servizos, experiencias e marcas NOVAS ou SIGNIFICATIVAMENTE MELLORADOS respecto do existente.
    • LIÑA 2 – INNOVA PEME: Plan de innovación en procesos e organización
      • Procesos ou sistema de organización, modelos de negocio NOVOS ou SIGNIFICATIVAMENTE MELLORADOS respecto do existente.
  • ORZAMENTO
    • MÍNIMO 50.000€ – SUBVENCIÓN (50%) = 25.000€
    •  MÁXIMO 150.000€ – SUBVENCIÓN (50%) = 75.000€
  • DURACIÓN: desde a solicitude ata o 30 de setembro 2024

ATENCIÓN!!QUERES GAÑAR PRODUCTIVIDADE E REDUCIR CUSTOS?CON «DESEÑA-INNOVA PEME» 2023 

 

 

 

A Confederación Empresarial de Ourense e a Xunta de Galicia poñen a disposición das empresas da provincia de Ourense a iniciativa Conecta Ourense, para asesorar e acompañar na tramitación destas axudas da Axencia Galega de Innovación (GAIN), sen custe para as empresas.

Como axentes intermedios a nosa labor de facilitadores e orientadores para que pemes e autónomos, sobre todo de contornas rurais, poidan concorrer as axudas en materia de innovación, sustentabilidade, internacionalización e dixitalización, inclúe calquera trámite ou asesoramento durante a súa presentación; a revisión da memoria en base aos criterios de valoración, o enchemento de formularios e a documentación para achegar na solicitude, así como o seu seguimento e posterior xustificación, co fin de acompañar ás empresas ourensás durante todo o proceso para un mellor aproveitamento destas axudas.

Solicita o teu asesoramento individualizado gratuíto!

📧 [email protected]         

☎ 988 391 110