A Axencia Galega de Innovación convocará proximamente as axudas dos programas InnovaPeme e DeseñaPeme dirixidos a impulsar a innovación e o deseño nas pequenas e medianas empresas galegas. Estes dous programas aspiran a financiar 60 plans de deseño e innovación e o deseño nas pemes, cunha mobilización de 9M€.
Obxecto
Dar resposta ás necesidades das pemes, en especial as menos innovadoras de sectores tradicionais, paliando a súa falla de recursos e coñecemento en materia de innovación. Así, a través de DeseñaPeme apóiase a innovación en produto, servizo e experiencias, ademais de marca e identidade; mentres que InnovaPeme céntrase na innovación en procesos e organización.
Beneficiarios
Microempresas, pequenas e medianas empresas e entidades do terceiro sector.
Características dos plans
Os solicitantes poderán solicitar aopoio a través dunha ou ambas liñas, que financian dous tipos de plans:
- Liña 1: Plans de deseño para a innovación e a sustentabilidade
- Liña 2: Plans de innovación en procesos e organización
– Os plans deben consistir nun conxunto completo e coherente de actividades.
– Orzamento subvencionable: 50.000-150.000€/plan.
– Duración máxima para o desenvolvemento dos plans: Ata 30 de setembro de 2024. Na liña 2, os plans deben ter unha duración mínima de 12 meses.
Intensidade da axuda
50% (25.000-75.000€/plan) ata un máximo de 150.000€ por beneficiario
Actividades incluídas
Liña 1: Plans de deseño para a innovación e a sustentabilidade
- Deseño de produto
- Deseño de servizos e experiencias
- Deseño de marca e identidade corporativa
Liña 2: Plans de innovación en procesos e organización
- Actividades de innovación
- Innovación en procesos
- Innovación en organización