Programa Fórmate Internacional

No marco do PROGRAMA FÓRMATE INTERNACIONAL, a Xunta, a través do Igape, organiza un novo curso para impulsar a internacionalización das empresas galegas.

Tra-lo éxito acadado polo noso último curso sobre o Marketing Dixital 2022,  con este novo CURSO Marketing Dixital: Ferramentas para o crecemento internacional, aprenderá a:

  • analizar mercados e segmentos de clientes,
  • xestionar o tráfico da súa presenza na internet,
  • analizar a súa competencia dixital,
  • xestionar a comunicación en redes sociais,
  • crear e xestionar unha tenda de comercio electrónico.
  • como investir e xestionar as campañas publicitarias na internet
  • como facer seguimento do impacto nas audiencias ás que se dirixe.

O curso  comeza o 5 de outubro e desenvolverase ata decembro a través de  10 sesións semanais de 90 minutos de duración.

O obxectivo é seguir ofrecendo unha formación no eido da internacionalización, contribuíndo á xeración de talento especializado e mellorar a estratexia internacional das empresas galegas, ofrecendo ferramentas para:

  • Capacitar ao departamento de márketing e comunicación da empresa cos coñecementos básicos para realizar análises de tráfico e conversión das súas canles en liña e aprender a deseñar e xestionar campañas publicitarias neste medio.
  • Facilitar a integración das canles dixitais dentro do plan de márketing xeral da empresa e a súa aliñación cos obxectivos de expansión internacional.

Programa e inscricións