Premios Galicia de Innovación e Deseño 2023

A Xunta de Galicia abre ata o 2 de outubro o prazo de presentación de candidaturas aos IV Premios Galicia de Innovación e Deseño, os galardóns que recoñecen as persoas e empresas que marcan a diferenza no deseño e na innovación marca Galicia.

 

Os IV Premios Galicia de Innovación e Deseño convócanse a través da Axencia Galega de Innovación e contan con seis categorías.

 

TRES CATEGORÍAS DE DESEÑO
Talento emerxente: 15.000 €
Deseñadores e deseñadoras de ata 35 anos de idade cunha traxectoria profesional inferior a dez anos.

Profesionais: 15.000 €
Profesionais (persoas físicas ou estudos de deseño) cunha traxectoria de alomenos cinco anos de recoñecido prestixio no sector.

Empresas: carácter honorífico
Empresas consolidadas que incorporasen o deseño á súa estratexia empresarial ao longo de, como mínimo, dez anos.

 

TRES CATEGORÍAS DE INNOVACIÓN
Traxectoria innnovadora: 15.000 €
Profesionais e líderes empresariais cunha traxectoria de alomenos dez anos na que a innovación fose unha das súas características relevantes.

Pequena e mediana empresa: 15.000 €
Pemes con demostrada actividade innovadora durante alomenos cinco anos.

Grande empresa: carácter honorífico
Grandes empresas cunha actividade innovadora ao longo de, como mínimo, dez anos.

Accede ás bases e a toda a información clicando aquí.