A iniciativa Conecta Ourense,impulsada pola Confederación Empresarial de Ourense e a Xunta de Galicia, a través do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) e a Axencia Galega de Innovación (GAIN), pon en marcha un novo programa sobre a PEGADA DE CARBONO. Alcances 1 e 2.
Comezará o próximo 24 de outubro, e grazas a el as empresas participantes serán capaces de obter, dunha forma práctica, os coñecementos necesarios que lles permitan o cálculo da pegada de carbono conforme ao alcance 1 e 2.
Este cálculo permite a calquera empresa ou organización ter coñecemento do impacto que a súa actividade xenera sobre o clima, para así emprender un camino de mellora e compromiso coa redución deste tipo de emisións.
Desenvolverase a través dunha sesión virtual, tres sesións presenciais e asistencia técnica durante todo o programa co obxectivo de identificar proxectos de redución de emisións de gases de efecto invernadoiro para optar a convocatorias públicas. As encargadas de guiar estes encontros son a directora de PFS Grupo e experta en pegada de carbono, Marta Sánchez, a consultora de PFS Grupo, Neide Dias e a encargada de desenvolvemento de negocio de PFS Grupo, Susana Sanjurjo.
📅 24 de outubro: primeira sesión virtual 💻
📅 30 de outubro 🕣 9:30 a 11:30 h. 💻 Sesión en liña teórica do cálculo da pegada. Reunións individuais de seguimento e soporte sobre o cálculo da pegada en liña ou na empresa participante.📅 6 de noviembre 🕣 9:30 a 12:30 h. 💻 Sesión en liña posta en común e plan de mitigación. Reunións individuais de seguimento e soporte sobre o plan de mitigación en liña ou na empresa participante.
📅 27 de noviembre 🕣 9:30 a 12:30 h. 📍 Sesión presencial na sede da CEO. Rexistro da pegada de carbono. Avaliación e conclusión final dos resultados coas experiencias das empresas participantes e boas prácticas (xornada portas abertas)
O número de prazas é limitado, cun máximo de 6 empresas participantes.
A data límite de preinscricións remata o 18 de outubro!