Foro Dinamizador no rural CONECTA OURENSE

Queremos convidarlle ao Foro Think Tank Verín, un espazo para compartir experiencias e oportunidades de xeito que as empresas e as entidades do rural sexan máis innovadoras, competitivas e rendibles. O foro Conecta Ourense terá lugar o vindeiro mércores, 9 de novembro, no Parador de Verín ás 10:00 horas, iniciativa impulsada pola Confederación Empresarial de Ourense e a Xunta de Galicia, a través do Igape e Gain, en colaboración con Aever.

A finalidade deste foro é demostrar in situ e de forma moi práctica solucións de produtividade e márketing experiencial para as empresas e entidades, xunto con experiencias inspiradoras que faciliten a conexión con consumidores empregando tecnoloxías e recursos en directo.

Outro dos obxectivos desta xornada é dar a coñecer o financiamento dispoñible xunto cun avance das futuras liñas de apoio do Igape e Gain para que as empresas e as entidades poidan preparar con antelación a súa presentación, ao mesmo tempo que resolven neste foro as dúbidas das convocatorias expostas.

Como parte deste ecosistema que traballa para dinamizar o rural, animámoslle a acudir a este foro e que poida compartir e coñecer de primeira man outras experiencias e prácticas que empresas do rural están levando a cabo para adaptarse aos tempos.

✅ Formulario de inscrición neste enlace -> https://forms.gle/nmhpJSeLd9Mr9SC27

📌 Información adicional:
📧 conectaourense@ceo.es
📞 9️⃣8️⃣8️⃣ 3️⃣9️⃣1️⃣ 1️⃣1️⃣0️⃣