Axudas para abrirse ao mercado de seguridade e defensa e posicionarse como provedoras (CEI)

Axudas IN519G que apoian ás empresas que queiran abrirse ao mercado de seguridade e defensa e posicionarse como provedoras, financiando pasos clave como certificacións, homologacións e habilitacións necesarias para acceder a este tipo de contratacións (2026–2027).

BASES REGULADORAS

A continuación, resumimos os aspectos clave:

Que financia? (actuacións subvencionables)

  • Primeira inscrición no rexistro da Dirección Xeral de Armamento e Material (DXAM/DGAM): preparación da documentación e trámites para obter o certificado.
  • Implantación dun sistema de calidade PECAL/AQAP: consultoría para implantación e certificación (se se acada dentro do prazo do proxecto).
  • Homologación de sistemas ou produtos: documentación técnica e, se procede, ensaios en laboratorios acreditados (UNE-EN ISO/IEC 17025).
  • Autorizacións de seguridade do CNI: preparación e tramitación para HSEM (empresa) e HSES (establecemento), cando se requira información clasificada.
  • Elaboración de propostas de proxectos para convocatorias nacionais ou europeas no ámbito da defensa e a seguridade (consultoría e asistencia técnica especializada).

Condicións principais

  • Axuda do 80 % do gasto subvencionable.
  • Máximo: 75.000 € por entidade beneficiaria.
  • Orzamento mínimo por actuación: 3.000 €.
  • Axuda en réxime de minimis: ata 300.000 € nos tres anos previos (conforme o concepto de “única empresa”).
  • Unha única solicitude por entidade, podendo incluír unha ou varias tipoloxías de actuación.
  • Posibilidade de solicitar anticipo de ata o 25 % (nas condicións previstas na orde).

Prazos

  • Presentación de solicitudes: dende o 13/02/2026 ás 9:00 h ata o 13/05/2026 ás 14:00 h, salvo esgotamento previo do crédito.
  • Execución e xustificación:
  • Gastos 2026: ata o 15/11/2026.
  • Gastos 2027: ata o 15/10/2027.
  • Admítense gastos realizados dende o 01/01/2026, sempre que estean efectivamente pagados antes do fin do período de xustificación

Tramitación
Procedemento de concorrencia non competitiva: tramítase por orde de entrada (con documentación completa) ata esgotar o crédito. Presentación obrigatoria por vía electrónica na sede da Xunta (IN519G): https://sede.xunta.gal/portada