Axudas dirixidas ás asociacións de comerciantes da provincia de Ourense, promovidas polo INORDE e publicada hoxe, venres 13 de marzo de 2026, no BOP de Ourense nº 49.
Esta liña ten como obxectivo apoiar accións de dinamización e promoción do comercio local durante o ano 2026, como campañas comerciais, eventos, exposicións ou iniciativas orientadas á captación de clientes e á promoción do comercio de proximidade.
Datos clave da convocatoria
- Entidades beneficiarias: asociacións de comerciantes e asociacións empresariais municipais ou comarcais da provincia de Ourense nas que formen parte comerciantes.
- Tipo de proxectos: accións de promoción e dinamización do comercio local (campañas comerciais, eventos, certames, iniciativas de promoción, etc.).
- Orzamento dos proxectos: entre 000 € e 7.000 €.
- Intensidade da axuda: ata o 80 % do custo do proxecto, cun máximo de 600 € por entidade.
- Orzamento total da convocatoria: 000 €.
- Prazo de presentación: ata o 13 de abril de 2026.
- Presentación: a través da sede electrónica da Deputación de Ourense.
Cada entidade poderá presentar un único proxecto, que poderá incluír unha ou varias accións de dinamización.
Achegamos como documentación adxunta unha infografía resumo, un documento informativo e as bases completas da convocatoria.