Estás preparando a túa candidatura para presentarte á convocatoria de InnovaPeme ou DeseñaPeme da Axencia Galega de Innovación? Tes algunha dúbida? Acompáñanos o próximo martes 5 de marzo ás 12 horas no Webinar para consultas frecuentes e resolución de dúbidas destas convocatorias.
Título: Webinar para consultas e resolución de dúbidas de InnovaPeme e DeseñaPeme
Data: 05/03/2024
Hora: 12.00 h.
Formato: Online
Lembra que o prazo de presentación de solicitudes destas axudas remata o 13 de marzo de 2024.
A Confederación Empresarial de Ourense, a través das Oficinas Conecta Ourense, está a túa disposición para asesorar e acompañar na tramitación destas axudas.
☎ 988 391 110
A innovación está ao teu alcance!
Webinar para consultas e resolución de dúbidas de InnovaPeme e DeseñaPeme