Oportunidades para as empresas nos fondos Next Generation

06/05/2022 - 06/05/2022
HÍBRIDO: PRESENCIAL (CONFEDERACIÓN EMPRESARIAL DE OURENSE) / VIRTUAL

A Confederación Empresarial de Ourense en colaboración coa Xunta de Galicia, a través do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE), celebra unha sesión informativa sobre “Oportunidades para as empresas nos fondos Next Generation” que terá lugar o vindeiro venres 6 de maio ás 11:00 horas na sede da CEO de forma presencial, e que pode seguirse en modalidade online.

Debido ao momento clave no que nos atopamos, para a obtención de fondos europeos destinados a axudar ás empresas nos seus proxectos de desenvolvemento, o obxecto desta actividade é coñecer de primeira man a situación e dispoñibilidade dos devanditos fondos así como a maneira de acceder a eles. Para iso contaremos cos máximos responsables do IGAPE na materia así como con empresas que compartirán a súa experiencia neste ámbito. En arquivo adxunto acompañamos o programa do evento.

Para asistir en calquera das dúas modalidades, é necesario cumprimentar o formulario que atopará na seguinte ligazón