Acción formativa: Mellora como falar en público

26/09/2023 - 27/09/2023
PRESENCIAL (CONFEDERACIÓN EMPRESARIAL DE OURENSE)

A Confederación Empresarial de Ourense lanza 15 únicas prazas para a formación “Mellora como falar en público”.

Comeza o curso e cumpre afinar as ferramentas fundamentais. Por iso, nesta formación descubriranse algunhas das chaves para gañar seguridade á hora de falar diante doutras persoas.

O curso intenso e totalmente práctico forma parte do proxecto “Laboratorio de iniciativas sostibles” que organiza a CEO financiado pola Rede Eusumo de Economía Social da Xunta de Galicia.

As sesións presenciais terán lugar o 26 e 27 de setembro de 16:00 a 19:00h (6 horas) na sede da Confederación Empresarial de Ourense, en praza das damas, 1, 32003, Ourense.

Programa das formacións:

  • Define o teu proxecto e marca
  • Comunica de forma eficaz

Inscríbete a través do seguinte formulario

 

Acción formativa: Mellora como falar en público