Encontro Responsabilízate Ourense

24/11/2022 - 24/11/2022
PRESENCIAL (CONFEDERACIÓN EMPRESARIAL DE OURENSE)

Encontro Responsabilízate Ourense

Estamos preparados para o novo escenario? Retos ASG de grandes e pequenas empresas

Convidámoste a participar o vindiero día 24 de novembro, ás 12 horas, na Confederación Empresarial de Ourense, na xornada aberta na que presentaremos o Programa Responsabilízate e abordaremos os Retos ASG que enfrontan grandes e pequenas empresas.

Participarán no acto Marisol Novoa, presidenta da Confederación Empresarial de Ourense; a directora xeral de Relacións Laborais, Elena Mancha; Daniel Domínguez, xerente en Valora e responsable do programa, e representantes de grandes empresas e pemes participantes no programa.

A primeira exposición, dun exemplo de boas prácticas, será levada a cabo por un representante da organización Mybox Experience, empresa participante no programa Responsabilízate. A segunda exposición, dun caso de éxito será exposto por María José Fernández, directora de recursos humanos e desenvolvemento de persoas en Grupo Cuevas.

Podes formalizar a túa inscrición, clicando na seguinte ligazón:   https://forms.office.com/r/WeHiWNMYhv

Esta xornada celébrase no marco do programa Responsabilízate, un programa de asesoramento gratuíto para apoiar ás pemes na súa necesaria adaptación ás obrigacións da regulación ASG a través do desenvolvemento da súa Responsabilidade Social Empresarial (RSE). Vai dirixido ao tecido empresarial galego a través das súas pequenas e medianas empresas que non superen os 50 millóns de euros de volume de negocio anual ou teñan un balance anual inferior a 43 millóns de euros. As inscricións ao programa están abertas e pódense facer a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, nesta ligazón.

* Máis información: 674 241 281 e [email protected]