Desde a Oficina Conecta Ourense, animamos a asistir á presentación do Programa Galicia Avanza, promovido pola Xunta de Galicia e o Parque Tecnolóxico de Galicia.




É un programa deseñado para apoiar ás pemes galegas na súa aposta pola internacionalización e a comercialización da súa innovación, facilitando o acceso a mercados internacionais para os seus produtos e servizos.
Será unha excelente ocasión para coñecer de primeira man os recursos dispoñibles, establecer contactos clave e descubrir novas estratexias.
Programa:
- Exposición dos resultados do Programa Galicia Avanza.
- Presentación da nova convocatoria 2025.
- Dinámica-show “Empresas & Viceversa” ondeas empresas tronistas CEAMSA e Roberto Verino buscarán o seu match empresarial.
- App networking para encontros 1to1 con todos os asistentes.
- Pitch-express das empresas Galicia Avanza.
- Showroom dos produtos e servizos innovadores das empresas Galicia Avanza.
- Comida networking, perfecta para continuar conectando nun ambiente distendido.
Para máis información e inscricións, visita esta ligazón.