Evento Galicia Avanza

Convidámoste a participar no Evento Galicia Avanza, que se celebra o 21 de febreiro de 10:15 a 17:00 horas no Parque Tecnolóxico de Galicia, destinado a promover a INTERNACIONALIZACIÓN da INNOVACIÓN en GALICIA.

Este encontro é unha acción do Programa Galicia Avanza, posto en marcha pola Xunta de Galicia a través da Axencia Galega de Innovación (GAIN) e do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), e o Parque Tecnolóxico de Galicia, no que se darán cita empresas de todos os sectores, con presenza en mercados exteriores ou con potencial de exportar as súas innovacións.

Contaremos con relatores como Rocío Cid, Xerente de Cuevas Marron Glacé, Gabriel Gómez Celaya, Director Xeral de Marine Instruments e Marcelo Castelo, experto en comunicación persuasiva.

Ademáis ao longo da xornada poderás compartir experiencias, facer networking e coñecer os detalles da próxima convocatoria do Programa Galicia Avanza.