Entre as accións de apoio á Internacionalización do IGAPE, este ano lanzan unha nova convocatoria do programa de “Bolseiros de Internacionalización”, 50 prazas para formación e prácticas en internacionalización empresarial durante un máximo de 2 anos para xoves de ata 35 anos, nas Oficinas Comerciais e Económicas, tanto no estranxeiro como en Galicia.
O prazo de solicitude estará aberto ata o próximo luns, 22 de xullo.