Convocatoria do Inorde para o Salón Gourmets 2023

O Inorde vén de aprobar as bases para regular o procedemento destinado a seleccionar a 16 micro empresas como coexpositores no stand que terá este organismo en Salón Gourmets 2023, Feira de Alimentación e Bebidas de calidade, que se celebrará no recinto feiral de IFEMA, Madrid, entre os días de 17 ao 20 de abril de 2023. O stand do Inorde habilitará 16 módulos destinados, cada un deles, a unha empresa da provincia de Ourense para que expoña e promocione os seus produtos.

✍️Os interesados en participar deberán presentar a súa solicitude no modelo que se contén nas bases dispoñibles na páxina web www.inorde.com antes das 24:00 horas do día 28 de febreiro de 2023. A solicitude presentarase na sede electrónica da Deputación de Ourense (https://sede.depourense.es/), utilizando a opción de presentación de solicitudes de propósito xeral ou, se o solicitante non está obrigado a comunicarse coa Administración por medios electrónicos, poderá presentar a solicitude nos Rexistros do Inorde, da Deputación de Ourense ou no de outra Administración.

📑Para poder ser coexpositor deste espazo, as micro empresas elaboradoras de produtos gourmet deberán ser titularidade de persoas físicas autónomas ou xurídicas cuxo domicilio e centro de produción estea situado na provincia de Ourense. No caso de que se trate de empresas dedicadas á viticultura, a súa produción anual non poderá ser superior a 100.000 litros en cada un dos dous últimos exercicios anuais pechados. Son consideradas micro empresas aquelas que ocupan a menos de 10 persoas e cuxo volume de negocios anual ou cuxo balance xeral anual non supera os 2 millóns de euros.

👉Pola súa parte, o coexpositor deberá atender o módulo que teña asignado no stand para a promoción e exposición do seu produto, asumindo tamén os custes de desprazamento e estancia en Madrid. Ademais, deberá abonar 200 euros máis IVE, á empresa montadora do stand do Inorde, polos custes de personalización e rotulación do seu módulo.

🧐Nos criterios para a selección dos coexpositores a participación no Programa de sustentabilidad no sector agroalimentario e na Promoción de marcas ourensanas no Marketplace B2B europeo Ankorstore, ambos impulsados polo Inorde e a CEO contan con 2 puntos.

👉Podes consultar as bases  AQUÍ