Conecta Rural Itinerante

EMPRESAS DO RURAL ANTE OS NOVOS DESAFÍOS: INNOVACIÓN, DIXITALIZACIÓN E SOSTIBILIDADE PARA UN FUTURO COMPETITIVO

Presentamos Conecta Itinerante Rural, unha iniciativa da Oficina Conecta Ourense da Confederación Empresarial de Ourense, grazas ao apoio da Xunta de Galicia a través do Instituto Galego de Promoción Económica e a Axencia Galega de Innovación.

Que é CONECTA Rural Itinerante?

Esta iniciativa está deseñada para ofrecer ás empresas da contorna rural a oportunidade de acceder a servizos de asesoramento e apoio en áreas crave como a innovación, a dixitalización, a internacionalización e a sustentabilidade. Durante a xornada, presentaremos os servizos dispoñibles e ofreceranse ferramentas para facilitar o acceso a convocatorias públicas que poidan resultar de axuda ás empresas.

Os obxectivos da mesma son:

  • Impulsar o crecemento empresarial e a innovación das pemes do rural.
  • Fomentar o acceso a información, espazos de colaboración e asesoramento.
  • Facilitar o acceso e aproveitamento de convocatorias públicas.

Despois de identificar as áreas rurais estratéxicas, comezamos unha serie de visitas para poñer en marcha este proxecto, que tamén está aberto á solicitude por parte de axentes públicos e de calquera outra índole.

As primeiras visitas, están programadas para as seguintes datas:📍

📍 Verín – Asociación de Empresarios de Verín (AEVER) 🗓 8 de outubro ⏰ 20:30h. – 22:30h. – Rúa Doutor Pedro González, 5 baixo, 32600 Verín

📍 San Cibrao das Viñas – Asociación de Empresarios do Polígono de San Cibrao / O Pereiro de Aguiar 🗓 10 de outubro ⏰ 12:00h. – 14:00h. – Edificio Multiusos, Calle 1, Nº 6, 32901 Polígono San Cibrao

Cal é a axenda de cada presentación?

  • Descrición dos Servizos: Exposición sobre como se ofrecerán servizos de asesoramento e apoio ás empresas do rural para facilitar o acceso ás convocatorias públicas.
  • Próximas convocatorias de axudas: Información sobre as futuras convocatorias para apoiar ás empresas na preparación dos seus proxectos.
  • Taller de asesoramento conxunto: Identificación de retos e exploración de solucións innovadoras adaptadas a cada empresa que poidan optar a axudas públicas.
  • Asesoramento Individual: Oportunidade para as empresas interesadas de recibir asesoramento personalizado.
  • Viño-networking: Espazo para intercambiar experiencias e establecer contactos.

Aproveitamos para informar que tamén están en proceso de programación as sesións informativas no Barco de Valdeorras, Xinzo de Limia, Celanova, Allariz, Carballiño e Ribadavia.

Para resolver calquera dúbida, ou solicitar a programación dunha visita, contacte co equipo de Conecta Ourense da CEO:

📲 Chamando ao 988 391 110

📩 Escribe un email a [email protected]