Claves do Marketing Dixital Internacional para unha bodega

O vindeiro martes 3 de maio ás 9:30 horas celébrase a segunda sesión de traballo do Obradoiro para o Impulso de Proxectos Tractores de Competitividade no Sector Vitivinícola: Dixitalización e Industria 4.0 que conta co apoio do IGAPE.

Cun enfoque práctico e útil amosanse as claves do Marketing Dixital Internacional para unha bodega e as ferramentas de marketing dixital orientado á captación de novas oportunidades de negocio en mercados internacionais.

Durante a sesión tamén se achega información sobre a financiación necesaria para levar a cabo estas actuacións. 

Para facilitar a participación das adegas no obradoiro o formato é mixto, coa posibilidade de conectarse de forma online en directo, a través da plataforma de videoconferencia Zoom ou presencial na sala de reunións da Confederación Empresarial de Ourense.

Se eres unha bodega e queres formar parte do Obradoiro para o Impulso de Proxectos Tractores de Competitividade no Sector Vitivinícola: Dixitalización e Industria 4.0 envía un correo electrónico a [email protected] ou contacta coa CEO no teléfono 988 391 1110.