Desde a Oficina Conecta Ourense, co apoio económico do Igape e Gain a través de programas e axudas, poñemos en marcha un novo ciclo de xornadas para axudar ás empresas a afrontar os novos retos do mercado.
Estas sesións abordarán aspectos clave para o desenvolvemento empresarial, como a innovación, dixitalización e sustentabilidade. A continuación, atoparás os detalles de cada xornada:
Obradoiro presencial: Como Implementar a túa Estratexia de Sustentabilidade? Axudas e Próximos Pasos
Data: 26 de xuño
Hora: 13:30 horas
Formato: Presencial (Confederación Empresarial de Ourense. Prazas das Damas, 1 – Ourense)
Sesión de traballo conxunta entre empresas e consultoras de servizos ASG (Ambiental, Social e de Gobernanza)
Obxectivos: Mellorar o uso dos recursos, Reducir os impactos ambientais, Desenvolver actuacións de impacto social e Gobernanza efectiva. Explorar as axudas dispoñibles para implementar estratexias de sustentabilidade e aprender a preparar propostas para convocatorias públicas.
Axudas en vigor:
- Servizos de captación, fidelización e xestión de talento do Programa Re-acciona.
- Servizos para o desenvolvemento dunha estratexia de integración ESG do Programa Re-acciona.
- Servizos de circularización e optimización dos procesos de produción e cadea loxística do Programa Re-acciona.
- IG288 – Axudas do Igape para promover modelos de negocio baseados nos criterios ASG.
Seminario en liña Re-acciona “Receita para o lanzamento dunha empresa innovadora”
- Data: 2 de xullo
- Horario: 10:00 a 10:45 horas
- Formato: En liña
- Relator: Innovalabs, axente colaborador do IGAPE
- Obxectivo: Descobre os pasos esenciais para transformar unha idea de emprendemento nunha startup de éxito. Esta sesión está deseñada para estimular a túa participación e compartir experiencias sobre a creación e o lanzamento de novas empresas.
Seminario en liña Re-acciona “Optimizando o futuro: dixitalización e circularidade en procesos de negocio”
- Data: 2 de xullo
- Horario: 12:00 a 12:45 horas
- Formato: En liña
- Relator: Innovalabs, axente colaborador do IGAPE
- Obxectivo: Aprende a mellorar os teus procesos empresariais enfocándote en:
- OPTIMIZACIÓN: Reducir tempos, custos e incidencias.
- CIRCULARIZACIÓN: Minimizar residuos, emisións e consumo de recursos.
- DIXITALIZACIÓN: Axilizar a toma de decisións e incrementar a autonomía das persoas.
Obradoiro sobre movemento B Corp e a Avaliación de Impacto B
Durante dúas sesións que podes seguir de forma en liña ou presencial, recibirás toda a información necesaria sobre o movemento B Corp, o proceso de certificación e a Avaliación de Impacto B.
- Datas: 3 e 10 de xullo
- Hora: 10:00 horas
- Formato: Híbrido (en liña e presencial na Confederación Empresarial de Ourense. Prazas das Damas, 1 – Ourense)
- Relator: Eduardo Seisdedos Arribas, Consultor en Sustentabilidade Corporativa e Multiplicador B
- Obxectivos:
- Coñecer a certificación B Corp, a súa estrutura e o proceso de certificación.
- Facilitar a realización do cuestionario de autoavaliación B Impact Assessment (BIA) para avaliar o teu desempeño empresarial.
- Compartir boas prácticas en sustentabilidade corporativa.
Estrutura:
3 de xullo
- Sesión informativa sobre certificación B Corp e o cuestionario de autoavaliación B Impact Assessment – BIA.
- Espazo de traballo individual para completar o BIA de forma guiada e resolver dúbidas (só presencial e para traballar con portátil).
10 de xullo
- Resolución de dúbidas e posta en común de boas prácticas. Información sobre financiamento e próximos pasos.
Seminario en liña Re-acciona: Estratexia de Fidelización, Captación e Xestión de Talento
- Data: 11 de xullo
- Hora: 10:00 horas
- Formato: En liña
- Relator: Vanesa Argüelles, directora de Formación e Talento de PFS Grupo, axente colaborador do IGAPE
Obxectivos:
- Coñecer as estratexias para optimizar a xestión de talento na empresa, mellorando a fidelización e captación de persoal.
- Implementar plans de traballo con apoio do programa Re-acciona, que inclúen:
- Diagnose inicial e definición do equipo de traballo.
- Formación específica para o equipo implicado.
- Execución das accións planificadas.
- Avaliación continua e propostas de mellora.
Queres inscribirte?
A asistencia a estas xornadas é completamente gratuíta.
Podes inscribirte na que teñas interese a través da seguinte ligazón: https://forms.gle/oh9PsKLhMF8fYv9A8
Para máis información, non dubides en contactar connosco:
Escribe a [email protected]
Chama ao 988 391 110
Esperamos que estas xornadas sexan do teu interese e que poidamos contar coa túa participación!