Desde Conecta Ourense, comprácenos informarlle sobre as novas liñas de axudas do IGAPE publicadas esta semana no DOG e as xornadas informativas organizadas pola Oficina Económica de Galicia para ofrecer máis detalles sobre estas convocatorias. Os novos prazos de presentación, publicados hoxe no DOGA (4 de febreiro do 2025) atópanse nesta ligazón.
En documentos adxuntos, incluímos unha infografía explicativa de cada axuda. A continuación, atopará un resumo das principais liñas dispoñibles:
🖥 IG300C – Axudas á transformación dixital das pemes
Concorrencia competitiva
- Axudas destinadas a apoiar proxectos de dixitalización para a implantación de solucións que proporcionen soporte dixital aos procesos dunha empresa, así como proxectos de interconexión dixital entre empresas galegas.
- 🗓 Prazo de presentación:
- Data de inicio: 7/02/2025 ás 9.00h.
- Data fin: 7/03/2025 ás 14.00h.
- 📲 Ligazón á Resolución
—————————————————
📌 IG408G – Axuda Startups
Concorrencia non competitiva
- Apoio financeiro ás startups en Galicia para fomentar o seu crecemento e consolidación.
- 🗓 Prazo de presentación:
- Data de inicio: do 7/02/2025 ás 9.00h.
- Data fin: 30/09/2025 ás 14.00h, agás que antes desa data se produza o esgotamento do crédito.
- 📲 Ligazón á Resolución
🎯 IG408H – Axudas para a atracción de empresas a Galicia
Concorrencia non competitiva
- Apoio financeiro ás startups en Galicia para fomentar o seu crecemento e consolidación.
- 🗓 Prazo de presentación:
- Data de inicio: do 7/02/2025 ás 9.00h.
- Data fin: 30/09/2025 ás 14.00h, agás que antes desa data se produza o esgotamento do crédito.
- 📲 Ligazón á Resolución
—————————————————
🏢 IG408A – Axudas a proxectos de investimento empresarial
Concorrencia non competitiva
- Axudas para proxectos de creación de novos establecementos, ampliación de capacidade, adquisición de equipamento produtivo ou proxectos empresariais xerais.
- 🗓 Prazo de presentación: do 12/02/2025 ás 9.00h. ata o 30/09/2025 ás 14.00h, agás que antes desa data se produza o esgotamento do crédito.
- 📲 Ligazón á Resolución
—————————————————
💻 IG408M – IA360 Axudas para o desenvolvemento tecnolóxico e a innovación mediante o uso de intelixencia artificial
Concorrencia non competitiva
- Axudas destinadas a fomentar o desenvolvemento tecnolóxico e a innovación a través da implementación de solucións baseadas en intelixencia artificial.
- 🗓 Prazo de presentación:
- Data de inicio: 10/02/2025 ás 9.00h.
- Data fin:
- Liña A: ata o 30/04/2025 ás 14.00h
- Liña B e C: ata o 31/10/2025 ás 14.00h, agás que antes desa data se produza o esgotamento do crédito.
- 📲 Ligazón á Resolución
—————————————————
🚀 IG408L – Programa Igape Innova – Axudas para a mellora da capacidade de innovación empresarial
Concorrencia non competitiva
- Axudas destinadas a financiar actividades integradas en plans de deseño e innovación que melloren a capacidade innovadora das empresas en Galicia.
- 🗓 Prazo de presentación:
- Data de inicio: 10/02/2025 ás 9.00h.
- Data fin: 10/03/2025 ás 14.00h.
- 📲 Ligazón á Resolución
—————————————————
🎟 IG408K – Ticket Innova
Concorrencia non competitiva
- Axudas para a mellora da capacidade de innovación e desenvolvemento tecnolóxico a través da aplicación de servizos de innovación.
- 🗓 Prazo de presentación: do 10/02/2025 ás 9.00h. ata o 30/09/2025 ás 14.00h, agás que antes desa data se produza o esgotamento do crédito.
- 📲 Ligazón á Resolución
—————————————————
⏰ IG285 (IG402A) – Programa Re-Acciona
- Axudas a servizos modulares de asesoramento especializado a empresas galegas prestados por entidades colaboradoras.
- 🗓 Prazo de presentación: do 21/01/2025 ás 9.00h. ata o 15/11/2025 ás 14.00h
- 📲 Ligazón á Resolución
—————————————————
🪄 IG300H – Obradoiros multidisciplinares de dixitalización, innovación, sostibilidade e loxística avanzada (2025)
Concorrencia competitiva
- Obradoiros destinados a mellorar as competencias en áreas clave para as empresas galegas.
- 🗓 Prazo de presentación: do 7/02/2025 ás 9.00h. ata o 7/03/2025 ás 14.00h.
- 📲 Ligazón á Resolución
💶 IG257 (IG535A) – Programa de acceso ao crédito das pequenas e medianas empresas (financiamento Igape-pemes)
- Préstamos para investimentos e circulante, en colaboración con entidades financeiras e sociedades de garantía recíproca.
- 🗓 Prazo de presentación: do 21/01/2025 ás 9.00h. ata o 30/09/2025 ás 14.00h
- 📲 Ligazón á Resolución
—————————————————
💳 IG534D – Novacións de débedas
Concorrencia non competitiva
- Financiamento para a reestruturación de débedas empresariais.
- 🗓 Prazo de presentación: do 7/02/2025 ás 9.00h. ata o 30/12/2025 ás 14.00h, agás que antes desa data se produza o esgotamento do crédito.
- 📲 Ligazón á Resolución
—————————————————
🏦 IG408B – Préstamos directos para o financiamento empresarial
Concorrencia non competitiva
- Préstamos para proxectos de financiamento empresarial.
- 🗓 Prazo de presentación: do 7/02/2025 ás 9.00h. ata o 1/12/2025 ás 14.00h, agás que antes desa data se produza o esgotamento do crédito.
- 📲 Ligazón á Resolución
SESIÓNS INFORMATIVAS EN LIÑA
Con técnicos do Igape e expertos da Oficina Económica de Galicia
🗓 17.01.2025 🎯 Webinario | Axudas do Igape á Inversión e Atracción de Empresas
—————————————————
🗓 21.01.2025 🎟 Webinario | Axudas IGAPE Innova
—————————————————
🗓 23.01.2025 🖥 Webinario | Axudas do Igape á Transformación Dixital
—————————————————
🗓 28.01.2025 🎟 Webinario | Axudas Ticket Innova e IA 360
—————————————————
🗓 30.01.2025 💶 Webinario | Programa de acceso ao crédito das PEMES
—————————————————
🗓 04.02.2025 📌 Webinario | Axudas do Igape ás Startups
—————————————————
🗓 11.02.2025 🚘 Webinario | Axudas do Igape ao sector da Automoción
—————————————————
🗓 13.02.2025 🏦 Webinario | Préstamos Directos Igape
—————————————————
🗓 18.02.2025 ⏰ Webinario | Programa Re-acciona Igape
Se precisa máis información ou asistencia para a tramitación destas axudas, non dubide en contactarnos nas Oficinas Conecta Ourense no teléfono 988 391 110 ou no correo electrónico: [email protected]
Conecta Ourense é unha iniciativa impulsada pola Confederación Empresarial de Ourense (CEO) e o Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) co obxectivo de apoiar ás empresas ourensáns en áreas clave como innovación, dixitalización, internacionalización e sostibilidade, proporcionando información e facilitando o acceso ás convocatorias públicas máis relevantes para cada caso.