Ampliación do prazo de solicitudes Galicia Avanza

Galicia Avanza abre un prazo extraordinario de 7 días para aceptar solicitudes!

Ata o luns 29 de abril ás 15:00h

Quero participar!

 

Galicia Avanza non é unha convocatoria de axudas, é un programa integral de apoio á internacionalización da innovación, que funciona como unha aceleradora de pemes consolidadas.
Durante 8 meses, os beneficiarios estarán asesorados por expertos a través dun itinerario individualizado co seguinte alcance:

 

Durante os 2 primeiros meses un experto analizará o punto de partida da empresa e definirá, conxuntamente con esta, as súas necesidades para internacionalizar os seus produtos e/ou servizos innovadores.
Tecnopole contratará todos aqueles servizos que precise a empresa para acadar o obxectivo de internacionalización. Estes servizos teñen a consideración de subvencións en especie, de aproximadamente 20.000 €, suxeita a mínimis.
A empresa levará a cabo as actividades definidas no seu plan de acción co apoio dun experto en internacionalización durante os 6 meses posteriores.

 

Ademais, a empresa participará nas sesións formativas e traballo en grupo co resto de participantes na iniciativa para compartir as súas experiencias e identificar sinerxias.