Ampliación de prazo Galicia Avanza 2026

Galicia Avanza abre un novo prazo de presentación de solicitudes ata o 7 de agosto de 2026 e facilita o acceso ao Programa a máis pemes galegas.

Tras corrixirse a redacción dun dos requisitos, xa non é necesario ter facturación simultánea nos mercados nacional e internacional.

Agora poden participar empresas que tivesen facturación nos anos 2024 e 2025:

  • No mercado nacional.
  • No mercado internacional.
  • Ou en ambos os mercados.

Deste xeito, Galicia Avanza ábrese tamén a pemes con experiencia comercial no mercado nacional que teñan produtos ou servizos innovadores e potencial para iniciar ou acelerar a súa expansión exterior.

O potencial de internacionalización, o carácter innovador da solución, os mercados obxectivo e a capacidade da empresa para afrontar o proceso internacional continuarán sendo aspectos fundamentais na selección.

As solicitudes xa presentadas seguen sendo válidas e poderán completarse, se fose necesario, durante o novo prazo.

Presenta a túa candidatura antes das 23:59 horas do 7 de agosto de 2026.

Máis información e solicitudes:

Súbete a la nave de la
internacionalización inteligente

Suscríbete a nuestra newsletter y mantente al día de toda la actualidad de Exportou