Aberta nova convocatoria Galicia Avanza 2026 – ata o 25 de xullo

A Xunta de Galicia en colaboración co Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e co Parque Tecnolóxico de Galicia, S.A. (Tecnópole) lanzan a quinta convocatoria do Programa de Aceleración para a Internacionalización de pemes galegas GALICIA AVANZA.

GALICIA AVANZA é un programa de aceleración especializado na comercialización internacional da innovación que persegue que solucións innovadoras galegas alcancen a presenza e/ou o fortalecemento no mercado exterior no menor tempo posible.

Empresas Beneficiarias:

Poderán ser beneficiarias do Programa GALICIA AVANZA ata 15 pemes galegas innovadoras e/ou de base tecnolóxica pertenecentes a calquera sector que conten cun produto ou servizo innovador con potencial de desenvolvemento a nivel internacional.

O que podes conseguir:

Coa participación en GALICIA AVANZA, poderás:

– Validar a viabilidade da saída ao mercado internacional das túas solucións innovadoras.
– Impulsar a comercialización destas solucións no mercado exterior reducindo os tempos da súa dispoñibilidade en condicións axeitadas.
– Reforzar a consolidación destas solucións no mercado internacional, e cunha visión de crecemento escalable e sostible a medio prazo.
– Fortalecer a túa estratexia de internacionalización, e incrementar de xeito xeral a túa capacidade de adaptación aos novos mercados.
– Incrementar a atracción de financiamento externo, maximizando a captación de fondos públicos ou privados.

Metodoloxía:

8 meses, 4 áreas de traballo acompañados de titores expertos:

1. Definición e implementación de itinerarios de aceleración: GALICIA AVANZA identificará e contratará os provedores de servizos profesionais que cubran as túas necesidades.

2. Mentorización e capacitación: acceso a asesores experimentados en diferentes áreas de internacionalización.

3. Visibilización continua da túa empresa e evento networking final.

Súbete a la nave de la
internacionalización inteligente

Suscríbete a nuestra newsletter y mantente al día de toda la actualidad de Exportou