Aberta nova convocatoria do Programa GALICIA AVANZA

A Xunta de Galicia en colaboración co Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e co Parque Tecnolóxico de Galicia, S.A. (Tecnópole) lanzan o Programa de Aceleración para a Internacionalización de pemes galegas GALICIA AVANZA.

GALICIA AVANZA é un programa de aceleración especializado na comercialización internacional da innovación que persegue que solucións innovadoras galegas alcancen a presenza e/ou o fortalecemento no mercado exterior no menor tempo posible.

Ata o 19 de abril

Empresas Beneficiarias:

Poderán ser beneficiarias do Programa GALICIA AVANZA ata 30 pemes galegas innovadoras e/ou de base tecnolóxica pertenecentes a calquera sector que conten cun produto ou servicio innovador con potencial de desenvolvemento a nivel internacional.

O que podes conseguir:

Coa participación en GALICIA AVANZA, poderás:

1. Validar a viabilidade da saída ao mercado internacional das túas solucións innovadoras.
2. Impulsar a comercialización destas solucións no mercado exterior reducindo os tempos da súa dispoñibilidade en condicións axeitadas.
3. Reforzar a consolidación destas solucións no mercado internacional, e cunha visión de crecemento escalable e sostible a medio prazo.
4. Fortalecer a túa estratexia de internacionalización, e incrementar de xeito xeral a túa capacidade de adaptación aos novos mercados.
5. Incrementar a atracción de financiamento externo, maximizando a captación de fondos públicos ou privados. 

Metodoloxía:

8 meses, 3 áreas de traballo acompañados de titores expertos:

1 – Definición e implementación de itinerarios de aceleración: GALICIA AVANZA identificará e contratará aos provedores de servizos profesionais que cubran as túas necesidades.

2 – Mentorización: acceso a asesores experimentados en diferentes áreas de internacionalización.

3 – Formación e capacitación transversal.