O programa, que busca impulsar a innovación nas empresas ourensás, arranca cunha sesión explicativa sobre o seu contido e as ferramentas básicas de IA
Ourense, 19 de setembro de 2024 || Esta mañá tivo lugar a primeira sesión en liña do proxecto Fase 0, impulsado por la Oficina Conecta Ourense de la Confederación Empresarial de Ourense. A súa responsable, María Fernández, presentou a xornada que contou coa benvida do director de área de Competitividade do Igape, Norberto Penedo. Juan Sobejano, profesor e consultor certificado, explicou que é a intelixencia artificial xenerativa, e guiou aos participantes no seu coñecemento a través de exercicios prácticas.
A primeira sesión do proxecto Fase 0 aborda o uso da IA na innovación
Este proxecto, deseñado para fomentar as ideas innovadoras entre as empresas e emprendementos de Ourense, comezou hoxe o seu percorrido coa primeira de catro sesións formativas en liña. Esta primeira xornada foi presentada por María Fernández, responsable da Oficina Conecta Ourense, que deu paso á benvida institucional do director da área de Competitividade do Igape, Norberto Penedo, quen destacou «a importancia da IA non só na xeración de ideas innovadoras, senón tamén na execución dos propios proxectos» e reafirmou «o compromiso do Igape e da Confederación Empresarial de Ourense con este tipo de iniciativas». A continuación, Juan Sobejano encargouse de explicar as particularidades da IA na innovación, e de propoñer e avaliar exercicios prácticos.
Un programa pensado para impulsar o tecido empresarial ourensán
Fase 0 é un programa deseñado especificamente para as empresas da provincia de Ourense que desexen iniciar ou acelerar algún proxecto innovador. A través deste, os participantes poderán acceder a ferramentas e metodoloxías innovadoras que lles permitirán detectar oportunidades no ámbito da innovación, tanto a nivel nacional como internacional.
O proxecto, que conta co apoio da Confederación Empresarial de Ourense e da Xunta de Galicia, a través do Igape e da Axencia Galega de Innovación, busca que as empresas provinciais non só se adapten aos recentes cambios do mercado, senón que tamén se convertan en referentes de innovación. Entre os beneficios que se poden destacar, e que se resaltaron durante a sesión, está a capacidade de detectar tendencias emerxentes e novas oportunidades de negocio a través do uso da IA, o cal permite ás empresas optimizar o seu tempo e recursos. Ademais, estas ferramentas facilitarán a identificación de socios estratéxicos e a entrada en programas de financiamento que, doutro xeito, serían difíciles de coñecer.
Tras o exitoso comezo do proxecto, terán lugar as seguintes sesións:
- 25/09/2024 – Taller de Problema con IA. Neste obradoiro en liña, os participantes identificarán temáticas sobre as que innovar. Como? Atopando problemas e retos, definindo ao cliente desa innovación e os seus puntos de dor.
- 02/10/2024 – Taller de Xeración de Solucións con IA. Neste obradoiro en liña, explicaranse técnicas avanzadas para xerar e seleccionar solucións innovadoras coa IA.
- 08/10/2024 – Taller de Propostas con IA. Neste obradoiro presencial, de catro horas de duración, os participantes desenvolverán un plan de traballo detallado e convincente para o seu proxecto.