Converte os retos da túa empresa en proxectos de innovación con IA

Tes na túa empresa unha idea ou un reto que podería converterse nun proxecto de innovación, pero fáltache o método ou o tempo para darlle forma?

Desde a Confederación Empresarial de Ourense, no marco de Conecta Ourense, convidámoste ao Programa de innovación con IA para empresas: un itinerario práctico para aprender a formular proxectos de innovación co apoio da intelixencia artificial, traballando sobre os retos reais da túa empresa.

Acompañarate Consuelo Verdú (NCompany), experta en innovación e IA xenerativa, cun obradoiro práctico e mentorías individuais para avanzar na túa proposta.
3 de decembro · 9:30–14:00 h
Confederación Empresarial de Ourense
Gratuíto · 8 empresas · Ata dúas persoas por empresa

Que levas

  • Un método que poderás reutilizar para identificar un reto, definir o obxecto do proxecto e darlle unha primeira estrutura.
  • O teu propio proxecto traballado, a partir dunha necesidade real da túa empresa.
  • Unha carteira de proxectos ordenada e a información preparada para valorar despois o seu encaixe en axudas e convocatorias.
  • Acompañamento individual para revisar e mellorar a túa proposta cunha experta.

Como funciona

1. Obradoiro práctico · 3 de decembro, de 9:30 a 14:00 h.
Metodoloxía de innovación con IA para formular proxectos e organizar a túa carteira de iniciativas.

2. Mentorías individuais · Datas por concretar.
Titorías de dúas horas con cada empresa para traballar sobre o seu proxecto e avanzar na súa definición.

3. Titorías en liña.
Para completar o acompañamento cando non sexa posible realizalo de forma presencial.

Para quen

Empresas da provincia de Ourense que queiran aproveitar a IA para innovar. A participación é gratuíta e hai 8 prazas para empresas, con ata dúas persoas por empresa.

Que tes que traer

  • O teu portátil, coa batería cargada.
  • Un reto, unha idea ou un proxecto real da túa empresa sobre o que traballar, aínda que estea en borrador.
  • Datos básicos da empresa —actividade, sector e tamaño— e calquera documento previo que teñas do proxecto.
  • Acceso a unha ferramenta de IA xenerativa, aínda que sexa na súa versión gratuíta.

Prazas limitadas. Inscrición: https://forms.gle/mddusL9Eg6fvPuzz9
Tamén podes contactar no 988 391 110 ou en
conectaourense@ceo.es

Iniciativa Conecta Ourense da Confederación Empresarial de Ourense, co apoio da Xunta de Galicia a través do Igape.

Súbete a la nave de la
internacionalización inteligente

Suscríbete a nuestra newsletter y mantente al día de toda la actualidad de Exportou