O martes, 10 de novembro, ás 13 horas, a OEG celebra unha sesión en liña onde analizará as novidades lexislativas en materia de sostibilidade que afectan ás empresas e como convertelas en oportunidades reais para o teu negocio. O obxectivo é que se saia con ideas claras e aplicables para adaptarte ás novas esixencias e sacarlles partido no día a día da túa organización.
- 13:00 horas – Ponencia a cargo de Luis Barros, experto en sostibilidade ambiental e colaborador da Oficina Económica de Galicia
- 13:30 horas – Preguntas


