Antena da Xunta nos Emiratos Árabes Unidos

Un mercado en constante evolución

A Xunta vén ofrecendo actualizacións da situación económica en distintos mercados mundiais a través de Xornadas País coas Antenas da Xunta de Galicia. O obxectivo é transmitir unha información actualizada e afondar en novas oportunidades para as empresas galegas que queiran exportar os seus produtos, neste caso, a Emiratos Árabes Unidos.

A Antena en EAU, o día 6 de maio, informará sobre a situación actual do mercado en EAU, a economía e as oportunidades de negocio en Oriente Medio para as empresas galegas. Se está interesado, tamén terá a posibilidade de programar unha reunión individual co responsable da Antena en Emiratos Árabes Unidos durante os días 7 e 8 de maio.

Solicite a reunión ao realizar a súa inscrición.

Día: 6 de maio de 2026 | Hora: 09:30-11:00 | Modalidade: Online

✍️ Inscricións

➡️ Descarga o programa